publicidade hoxe

A Xunta mantén diversas xuntanzas con autoridades cubanas co obxectivo de avanzar e concretar as prioridades da cooperación no país

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, finalizou hoxe unha visita institucional a Cuba na que, ademais de visitar proxectos financiados pola cooperación galega nos últimos anos no país, mantivo distintas xuntanzas do Goberno cubano.

No marco desta viaxe, Gamallo, que viaxou acompañado da subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, reuniuse hoxe con responsables do Ministerio de Educación e do Ministerio de Comercio Exterior e Investimento Estranxeiro, MINCEX, (ministerio encargado da cooperación internacional) co obxectivo de informarse sobre as prioridades actuais para o país no ámbito da cooperación internacional, en especial no sector da educación.

Posteriormente, a delegación da Xunta de Galicia acudiu na Habana Vella, xunto con representantes de UNICEF e a Directora de Cooperación e Relacións Internacionais da Oficina do Historiador da Habana, Nelys García, a un centro de atención de adolescentes no que se imparten talleres de creación e actividades culturais e se proporcionan servizos de documentación e asesoramento. Con este centro xa tiña colaborado a Xunta de Galicia no marco do plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional.

Nas reunións anteriores quedou patente o interese do Goberno cubano para traballar xunto con UNICEF no ámbito da saúde, ademais de continuar o traballo con adolescentes na Habana Vella en colaboración coa Oficina do Historiador da cidade. Jesús Gamallo e o representante do Ministerio de Comercio Exterior e Investimento Estranxeiro valoraron tamén a oportunidade de iniciar en Cuba unha intervención no ámbito da pesca artesanal.

Ademais, no ámbito da cooperación cultural, visitaron a sede da Compañía de Danza de Litz Alfonso, unha recoñecida mestra de danza e pedagoga cubana que en 1991 fundou a súa propia compañía na que participan uns 1.200 nenos e adolescentes cubanos. Desde 2011 Litz Alfonso é embaixadora de Boa Vontade de UNICEF e recentemente foi incluída pola BBC entre as 100 mulleres máis influentes do mundo. Os representantes do Goberno cubano amosaron o seu interese en invitar á Xunta de Galicia a participar nos actos do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana en novembro deste ano.

24 de xaneiro de 2019 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.