publicidade hoxe

A Xunta inviste 71.000 euros na renovación da iluminación pública das rúas Nelson Mandela e Xulián Magariños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNegreira
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de Negreira, Jorge Jesús Tuñas, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A sinatura realizouse durante a visita as rúas nas que se levou a cabo a actuación.

En total, investíronse algo máis de 71.000 euros na renovación da iluminación pública, con criterios de eficiencia enerxética, nas rúas Nelson Mandela e Xulián Magariños.

En total, ao abeiro destas axudas realizáronse 18 proxectos grazas a un investimento da Xunta de Galicia de máis de 546.000 euros nos concellos de Arzúa, A Baña, Santa Comba, Boimorto, Dodro, Frades, Mesía, Negreira, Padrón, Rois, Toques, Tordoia, Touro e Ordes.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sustentable das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

23 de xaneiro de 2019 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.