publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 650.000 euros na mellora da seguridade viaria da avenida da Terra Chá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVilalba
A-
A+
Ethel Vázquez na sinatura co alcalde de Vilalba

Ethel Vázquez na sinatura co alcalde de Vilalba

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, para levar a cabo melloras de seguridade viaria e o acondicionamento da travesía da antiga estrada LU-126, a avenida da Terra Chá, mediante un investimento autonómico de máis de 650.000 euros.

Este convenio establece as bases da colaboración técnica e económica nesta vía, e ten como obxectivo promover a mellora nesta travesía que comunica o centro de Vilalba coa esta estrada LU-120, de saída cara a Meira, con beirarrúas en ambas as dúas marxes, calzada de 7 m de ancho, e aparcadoiros a ambos os dous lados.

As actuacións proxectadas supoñerán tanto unha mellora do nivel de servizo da infraestrutura, coma unha optimización da seguridade viaria.

Máis en concreto, os traballos que pretende realizar o Concello de Vilalba incluirán a renovación das beirarrúas que se atopan deterioradas e non son axeitadas desde o punto de vista da accesibilidade, a rehabilitación do firme da travesía, de algo mais 1 km, e o repintado da estrada. Ademais colocarase un tramo de novo colector de saneamento de 365 metros na marxe dereita do viario, dende a rúa Mondoñedo ao final da travesía, para evitar as filtracións que se veñen producindo na rede actual.

Segundo establece o convenio asinado hoxe polo, o Concello de Vilalba asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras obxecto deste convenio, redacción de documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas. E o departamento de Infraestruturas da Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, asume o compromiso de financiar os gastos de execución destas obras.

A intervención pretende garantir a mellora da seguridade viaria dos distintos usuarios do viario actual de Vilalba e comparte os obxectivos Plan Move e do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2010. Con este acordo de colaboración co Concello de Vilaba a consellería trata de fomentar investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida á cidadanía.

16 de xaneiro de 2019 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.