publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta entrega as chaves de nove vivendas de alugueiro nas Pontes destinadas a menores de 35 anos e maiores de 60

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs PontesGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregou hoxe as chaves de vivendas que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pon a disposición de demandantes menores de 35 anos e maiores de 60 anos. Trátase de nove pisos situados no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, concretamente na rúa Sergio Riveira Chao, e que son cedidos en réxime de alugueiro social cunhas rendas que oscilan entre os 61,99 de máxima e 49,48 de mínima. Todas as vivendas contan con garaxe e rocho e a superficie útil dos mesmos vai dende os 43,52 m2 aos 54,52 m2,

As vivendas proceden do patrimonio do IGVS para atender casos de necesidade. Son 2 pisos de 2 dormitorios e outros 7 de 1 dormitorio. As vivendas adxudícanse por proposta da Comisión Provincial de Vivenda, na que están representados a Xunta e o concello de cada caso. A adxudicación definitiva correspóndelle á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre persoas seleccionadas do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

Ovidio Rodeiro saudou persoalmente aos novos inquilinos e fixo entrega das chaves e sinalou que “a estas persoas, que reciben vivendas públicas, hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica para apoiar ás persoas que precisan dunha axuda para garantir o seu dereito á vivenda”

A Xunta conta con 12 medidas para facer fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Entre as devanditas medidas atópanse a dación en pago das vivendas protexidas, o realoxo de afectados por execucións hipotecarias, o aprazamento xudicial dos desafiuzamentos, o programa Reconduce, o plan Rehavita, para facilitar o acceso á vivenda dos máis necesitados ou o acordo coa Valedora do Pobo para atención dos problemas en materia de vivenda. Existen, así mesmo, programas como o Bono de Alugueiro Social, o censo de Vivendas Baleiras ou o asesoramento xurídico gratuíto aos afectados por procesos de desafiuzamento.

9 de xaneiro de 2019 | 16:16 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario