publicidade hoxe

A Xunta apoia o uso das tecnoloxías innovadoras na industria forestal para que creza ofrecendo un carácter diferenciador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalvaterra de Miño
A-
A+

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou en Salvaterra do Miño a empresa Casabio, onde ratificou o apoio da Xunta ao uso das novas tecnoloxías e a aplicación de solucións innovadoras neste ámbito para que esta actividade industrial continúe crecendo ofrecendo ao mercado produtos singulares de alto valor engadido e con carácter diferenciador.

Lema puxo de exemplo a esta compañía que combina a innovación tecnolóxica coa construción tradicional da madeira ofrecendo proxectos de vivendas baseados en principios respectuosos co medio ambiente e favorecendo, deste xeito, a sustentabilidade a través do emprego de materiais naturais tanto na estrutura, na que empregan madeira, como nos aillamentos e nos acabados.

A Estratexia de formación da industria forestal da Xunta ten entre os seus obxectivos dar resposta ás necesidades das empresas e facilitar a adaptación dos traballadores á incorporación da última tecnoloxía. Así, inclúe o desenvolvemento de accións divulgativas que dean a coñecer a actividade industrial no sector forestal e os valores sobre os que se basean na actualidade a política industrial: sustentabilidade dos produtos forestais e o respecto e mellora co medio ambiente.

Esta folla de ruta foi elaborada coa participación das principais asociacións representativas deste ámbito, e o que busca é impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais cunha oferta formativa á medida.

18 de xaneiro de 2019 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.