publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio en Vilamartín de Valdeorras

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello de Vilamartín de Valdeorras

O lume tivo lugar o pasado 14 de xaneiro na parroquia de Mazo e afectou unha superficie de 1,1 hectáreas de superficie rasa. O incendio iniciouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen adoptar as medidas de seguridade pertinentes, o que propiciou que o lume se propagara por toda a finca. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 do Barco de Valderorras.

Na actual campaña anti-incendios forestais de 2019, un total de 2 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

22 de xaneiro de 2019 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.