publicidade hoxe

Xunta e Concello de Sober colaboran nas melloras de urbanización da praza do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSober
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobaron esta maña as melloras levadas a cabo na praza do concello que contaron cunha axuda da Vicepresidencia de máis de 36.000 euros.

Marta Fernández-Tapias indicou que o proxecto ten como obxectivo o acondicionamento e mellora do trazado da Praza, onde segundo resaltou realizanse actividades moi importantes e representativas para este concello, como son as festas do Carme e a Feira do Viño de Amandi, que aglutinan nesta praza a gran cantidade de persoas.

As axudas solicitadas polo concello lucense foron concedidas grazas á Orde de Infraestruturas de uso público, que teñen como finalidade apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos municipais. Tamén se poden subvencionar actuacións de mellora do alumeado público e pavimentación de vías municipais. Para o ano que vén contan cun incremento nos orzamentos da Vicepresidencia dun 30 por cento.

13 de decembro de 2018 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.