publicidade hoxe

Nava Castro comparte con futuros profesionais os avances da Xunta a prol dun turismo planificado, competitivo e sustentable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal Portada
A-
A+
Nava Castro xunto aos futuros profesionais do sector

Nava Castro xunto aos futuros profesionais do sector

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, impartiu hoxe unha clase para os alumnos de 4º curso do Grao en Turismo na que compartiu con todos eles os avances do goberno da Xunta para consolidar un turismo planificado, competitivo e sustentable en Galicia. A súa participación nesta xornada formativa inclúese no compromiso do Goberno autonómico por reforzar a concienciación e sensibilización entre as novas xeracións ao redor da importancia presente e futura da actividade turística.

Durante a sesión, Nava Castro detívose nas claves da gobernanza turística da Xunta, onde a súa visión integradora está a permitir aproveitar as sinerxías creadas entre os diferentes órganos e entidades con competencias nestes eidos. Neste sentido, apelou á importancia que se lle está a dar á planificación turística, da man de eficaces ferramentas que fan posible que Galicia avance de xeito cualitativo situándose entre os destinos preferidos de España. De feito, ocupa a oitava posición entre as comunidades con máis demanda turística.

Referiuse a ferramentas como a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, como unha das principais follas de ruta para alcanzar estes avances. Tamén fixo mención a outras pezas da engranaxe turística que están a permitir ordenar de xeito eficaz diferentes sectores, como o Plan Termal, o Plan de Turismo de Saúde ou o futuro plan de turismo rural ou Galicia Sabe, a folla de ruta ao redor da enogastronomía no que a Consellería de Cultura e Turismo está a traballar apostando pola innovación, calidade e sustentabilidade.

Importante contribución para o futuro

A clase serviu, ademais, para que a Xunta de Galicia puidese debater con estes futuros profesionais do sector os desafíos e oportunidades que traerán consigo a celebración do Xacobeo 2021 e a chegada do AVE a Galicia, entre outras, ao tempo que se puxo de manifesto o compromiso permanente da Xunta co desenvolvemento turístico das catro provincias a través da colaboración co sector privado e coas diferentes administracións.

Esta xornada formativa converteuse tamén en punto de encontro para escoitar e poñer sobre a mesa as demandas e necesidades dos estudantes participantes, cuxa contribución será clave para asentar uns cimentos sólidos do futuro turístico de Galicia, explicou Nava Castro.

13 de decembro de 2018 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.