publicidade hoxe

López-Chaves visita Conservas Valcárcel, unha das 49 pemes de Vigo beneficiarias do programa Galicia Exporta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
López-Chaves na visita a Conservas Valcárcel

López-Chaves na visita a Conservas Valcárcel

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe Conservas Valcárcel, unha das 47 pemes viguesas beneficiarias das axudas do programa Galicia Exporta Empresas desenvolto polo Igape.

No conxunto da área territorial de Vigo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder, a través desta iniciativa de impulso á internacionalización, axudas por preto de 1,4 millóns de euros para apoiar a 78 pemes.

Nestas convocatorias participan compañías de eidos como a alimentación, TIC, o téxtil, os servizos, a madeira-moble, a maquinaria, o naval ou a construción, que desenvolverán accións en 97 mercados de todo o mundo, como a creación de tendas online, a participación en feiras e eventos internacionais e a planificación de axendas de reunión no estranxeiro ou seguimento de clientes.

As axudas do Galicia Exporta Empresas cobren o 70% dos custes, cun máximo de 70.000 euros por solicitude e compañía. As pemes beneficiarias poderán avanzar na súa internacionalización cara a mercados como China, Estados Unidos, Cuba, Arabia Saudí, Australia, Brasil, Arxentina, México, Emiratos Árabes Unidos, Rusia, Marrocos, Xapón ou Colombia, así como cara a distintos países europeos.

17 de decembro de 2018 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.