publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Fabiola García garante o apoio ás persoas con distintas capacidades para axudarlles cos seus proxectos de vida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrtigueira
A-
A+
A conselleira de Política Social na visita a Ortigueira

A conselleira de Política Social na visita a Ortigueira

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reafirmou esta mañá en Ortigueira, durante unha visita aos centros de Aspromor, que o Goberno galego sempre estará ao carón das persoas con distintas capacidade e as súas familias co obxectivo de “axudarlles a realizar os seus proxectos de vida”. Nesta liña, enxalzou o labor que realiza esta entidade no ámbito da atención ás persoas con discapacidade intelectual nos seus servizos residenciais e ocupacionais.

Na súa intervención, Fabiola García garantiu a continuidade do apoio da Xunta a entidades que, como Aspromor, traballan sobre o terreo no obxectivo común de avanzar cara unha igualdade real para todas as galegas e galegos e na que ter distintas capacidades non signifique ter menos oportunidades. Un compromiso que no caso da asociación de Ortigueira plásmase no financiamento do 75% das prazas do seu centro ocupacional, nas que hoxe se inviste un 39% máis que hai nove anos ata chegar aos 225.000 euros. Esta cantidade inclúe o transporte das persoas usuarias do centro.

A conselleira destacou o incremento, un ano máis, dos recursos destinados para a atención á discapacidade, que en 2019 acadarán os 106 millóns de euros, preto do dobre que hai nove anos. Este esforzo económico permitirá, entre outras medidas, consolidar a oferta de prazas publicas, aumentar as axudas á atención da discapacidade e ampliar de 16 a 21 as unidades de atención temperá para deste xeito estender a cobertura ata os 90 concellos.

Residencia e centro de día

Fabiola García visitou tamén a residencia e o centro de día da Xunta na vila ortigueiresa onde felicitou as festas aos profesionais e ás persoas maiores usuarias destes dous centros, que na xornada de hoxe desfrutaron da compañía dun grupo de escolares que lles cantaron panxoliñas.

A conselleira afirmou que o benestar dos nosos maiores é unha prioridade para o Executivo autonómico porque constitúen un dos piares de Galicia. Neste sentido, apuntou que se 2018 foi o ano da ampliación na cobertura dos servizos, o que vén será o do incremento das axudas que reciben as familias por dependencia.

17 de decembro de 2018 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.