publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta apoia o XIII Festival Internacional Rebulir de baile e música tradicional que se celebrará o sábado en Ramirás

Presentación do festival Rebulir

Presentación do festival Rebulir

A Xunta de Galicia apoia a celebración do XIII Festival Internacional Rebulir (FIR) de baile e música tradicional. Este evento inclúe variadas accións culturais que se desenvolven en Ourense, Celanova e Ramirás ata este sábado día 22, data na que terá lugar a actuación central e a entrega de premios.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na rolda de prensa do festival na que explicou que o FIR un dos eventos folclóricos subvencionados polo Goberno galego desde varios departamentos autonómicos: Consellería de Cultura e Turismo; Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e Secretaría Xeral da Emigración.

Díaz Mouteira eloxiou este tipo de iniciativa cultural e salientou que o Festival Internacional Rebulir se converteu en punto de referencia na recuperación da música e o baile tradicional, grazas ao traballo desenvolvido por esta asociación a través das súas actividades de recuperación, aprendizaxe e divulgación da cultura galega. A representante do Goberno galego en Ourense desexoulle éxito aos seus organizadores dedicados dende hai trece anos ao labor de achegar o folclore aos veciños de Ramirás, e por extensión, da provincia de Ourense.

20 de decembro de 2018 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.