publicidade hoxe

Sanidade asina coa Fundación Humans un convenio para colaborar no marco da humanización do sistema sanitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Jesús Vázquez na sinatura do convenio

Jesús Vázquez na sinatura do convenio

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da Fundación Humans, Julio Zarco Rodríguez, asinaron esta mañá un convenio marco de colaboración para prestación de servizos e actividades encamiñadas á humanización da asistencia sanitaria en Galicia. O convenio, que terá unha duración de dous anos, entra en vigor hoxe, a partir da súa firma.

As accións que se establecen no plan de humanización coordinaranse e canalizaranse a través de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. No que compete aos compromisos da administración sanitaria, o convenio de colaboración contempla o establecemento dunha rede de desenvolvemento, implementación e avaliación, a través de toda a estrutura organizativa do Sergas, coa que se garanta que o plan de humanización sexa transmitido a toda a organización e que permita o retorno de información para coñecer todos os problemas ou barreiras que se poden atopar na súa aplicación.

8 de novembro de 2018 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.