publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xa poden solicitarse os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá xoves, día 1 de novembro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á que remata o período de alto risco de incendios e que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 3 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará á disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Máis información, aquí: http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/queimas/

31 de outubro de 2018 | 16:26 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario