publicidade hoxe

Uns 450 desempregados ampliarán as súas expectativas laborais cos cursos de formación na área de Bergantiños-Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións Forum de Carballo onde se están a impartir sete cursos do Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD) relacionados con Soldadura, servizos de bar e cafetería, electricidade, matemáticas e lingua castelá cun investimento de 332.000 euros.

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte impartiranse en total 32 cursos a través do Plan galego de formación 2018/2019, nos que poderán participar máis de 448 persoas que ampliarán a súa formación, e que ao remate recibirán os seus correspondentes certificados de profesionalidade, con validez en toda España. Estas accións teñen lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro.

Ovidio Rodeiro apuntou que “a través deste programa a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá na área de Bargantiños-Costa da Morte 1,4 millóns de euros. Trátase dun dos programas de formación máis importantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria porque ofrece aos seus alumnos mellorar a súa capacidade para ser máis competitivos á hora de atopar un emprego”.

Esta iniciativa, que se enmarca na Axenda 20 para o Emprego, conta co obxectivo de seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2018-2019), o que posibilitará que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, unha maior empregabilidade dos alumnos.

O delegado territorial destacó que “como novidade este ano, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria”. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia.

Así, o alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. Tamén terá por primeira vez a posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar e que a Xunta apoia ao 100%. A persoa desempregada poderá obter na web toda a información sobre o curso que lle interesa: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial.

Inserción media do 60%

Ovidio Rodeiro sinalou que “a Xunta segue impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, xa que este tipo de accións formativas alcanzan de media unha inserción laboral próxima ao 60%. O que se busca é adaptar a formación ás necesidades das empresas en cada comarca”. Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

O obxectivo do Plan de formación 2018-2019 é o de facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas sen emprego de Galicia. Na convocatoria deste ano, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ampliou a dotación orzamentaria inicial co propósito de atender o maior número de solicitudes.

A formación para persoas desempregadas e ocupadas é un reto prioritario para o Goberno galego. Por iso, ten en marcha outro tipo de programas, como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.

30 de outubro de 2018 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.