publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia evidencia a orixe natural dos metais pesados no porto de Cariño nun congreso internacional

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Sen categorizar ▼
A-
A+

Portos de Galicia vén de presentar no VII Congreso da Asociación Técnica de Puertos y Costas (ATPYC), os estudos técnicos que demostran a orixe natural e non antropoxénica –non derivada da actividade humana- da alta concentración de metais pesados que se rexistra nos fondos mariños do peirao de Cariño e que condiciona a súa dragaxe. Durante a celebración do Congreso de carácter internacional, que tivo lugar en Sevilla, o ente público presentou unha ponencia na que difundiu o resultado das investigacións que teñen permitido modificar as directrices que rexen a xestión do material de vertido nas obras de dragaxe e concretamente no proxecto previsto para o porto de Cariño.

Ante este cambio da normativa, Portos de Galicia realizará agora unha nova caracterización do material de dragaxe para definir con precisión a súa composición e establecer un punto de vertido compatible, toda vez que a orixe natural dos metais pesados que se detectan, permite recuperar opcións de vertido que se descartan cando son derivados da actividade humana. Ademais o ente público traballa en paralelo na posibilidade de realizar a dragaxe máis urxente –no morro do dique- e trasladar o residuo a un vertedoiro en terra ou realizar un vertido provisional en augas portuarias.

23 de outubro de 2018 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.