publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica o convenio de adhesión de Brión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se da publicidade ao convenio de adhesión á Axencia Pública de Legalidade Urbanística (APLU) do Concello de Brión. A finais do mes de setembro facíase pública a sinatura desta adhesión xunto con catro concellos máis (Lobios, Xunqueira de Espadañedo, Mondariz- Balneario e Foz), polo que o número de municipios que delegan voluntariamente as súas competencias a este organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda elévase na actualidade a 73.

A APLU é un ente que ten entre as súas competencias axudar aos municipios a velar pola protección do territorio e o respecto á legalidade vixente, e en virtude do cal encoméndaselle á axencia as competencias municipais en materia de disciplina urbanística.

A partir de agora o organismo autonómico asumirá os traballos de inspección, supervisión e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 152 e seguintes da Lei do Solo de Galicia, en relación coas obras e usos do solo que se executen no ámbito dos respectivos concellos sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións.

Igualmente, a adhesión inclúe a tramitación de expedientes de reposición da legalidade urbanística e sancionadores, e a protección da servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

Outra das vantaxes á que se acollen os concellos adheridos, neste caso Brión, é o novo sistema de transferencia por recadación de multas, xa que os municipios recibirán o 10% del importe da recadación de multas e sancións impostas no término municipal, tanto en competencia propia da APLU (solo rústico) como en competencia delegada (solo de núcleo rural ou urbanizable). Cómpre recordar que antes era o 50% do recadado en competencia delegada, é dicir, en solo rural ou urbanizable.

Desde a Consellería de Medio Ambiente deféndese que a evolución das adhesións, con 56 concellos desde o ano 2009, son unha mostra do papel da Axencia como instrumento eficaz para o control da disciplina urbanística, para os concellos con poucos medios e para aqueles que contan con persoal, pero que necesitan reforzar o control.

Por outra banda, estas adhesións son froito do traballo de divulgación e información da Axencia para trasladar aos concellos galegos as vantaxes de formar parte da APLU, xa que asiste aos concellos adheridos desde o punto de vista técnico e xurídico e ofrece formación e axuda para a concienciación cidadá, co fin de que os operadores xurídicos e técnicos, así como a cidadanía en xeral se formen en valores proteccionistas do patrimonio natural.

31 de outubro de 2018 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.