publicidade hoxe

O DOG publica a primeira convocatoria das axudas para a cooperación interterritorial dos GDR

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente adscrito á Consellería do Medio Rural, dirixidas á cooperación interterritorial dos Grupos de Desenvolvemento Rural. Trátase da primeira convocatoria e conta cun orzamento de 400.000 euros.

O obxectivo destas axudas, ás que poderán optar os 24 GDR de Galicia, é que estes grupos colaboren entre si con proxectos que traspasan o seu ámbito territorial e incluso colaboren con asociacións do resto de España, da Unión Europea ou nos territorios de terceiros países, que teñan intereses comúns nun determinado ámbito, sempre relacionado co desenvolvemento local Leader e con vistas a favorecer a aprendizaxe mutua e buscar solucións comúns a problemas concretos. En todo caso, os custos subvencionables a través destas axudas son só os asumidos polos GDR galegos.

Así, por exemplo, entidades diferentes territorios poderán agruparse para desenvolver iniciativas de promoción turística conxunta, de posta en valor dos seus recursos patrimoniais ou artesanais ou para fixar poboación en áreas con características de demográficas comúns, entre outros fins.

O prazo de presentación de solicitudes será desde mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata o vindeiro 15 de novembro de 2018. Pódese consultar a resolución na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181009/AnuncioO90-011018-0001_es.html

9 de outubro de 2018 | 16:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.