publicidade hoxe

O DOG publica a cesión de tres predios propiedade da Consellería do Medio Rural ao Concello de Castro de Rei para equipamentos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe un anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a cesión de predios ao concello de Castro de Rei para o seu uso veciñal. Estes terreos proceden da masa común da parcelaria de San Xiao de Mos, actualmente en fase de acordo.

En total son tres as parcelas que se ceden a petición do propio concello. Un dos predios destinarase a crear un área recreativa, outro para un aparcadoiro e un último que permitirá ampliar o cemiterio parroquial. A cesión xa está formalizada e a partir de agora o concello terá cinco anos para cumprir cos fins para os que foron adxudicados.

O proceso de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos comprende unha superficie de 435 hectáreas repartidas en 436 parcelas, propiedade de 270 veciños. Todos eles beneficiaranse da base territorial e mellora das infraestruturas que supón este proceso de reordenación territorial, así como dos equipamentos que prevé executar o concello.

3 de outubro de 2018 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.