publicidade hoxe

Medio Rural lembra que os empregados fixos descontinuos do servizo público contra incendios están a ampliar progresivamente a súa contratación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería do Medio Rural defende o sistema de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, un servizo público que demostrou con creces o seu bo funcionamento en repetidas ocasións e que nos últimos anos vén incorporando melloras graduais, en función da dispoñibilidade orzamentaria. Entre elas, este ano destacou a ampliación de tres a catro meses do temporada de alto risco de incendios e, como consecuencia, o tempo de traballo dos empregados fixos descontinuos.

Ademais, este período irase incrementando progresivamente nos próximos anos. Se este ano foron catro os meses de contratación, no 2019 serán cinco e ata seis meses no 2020. Estas melloras xa foron trasladadas ao persoal a través dos seus representantes, por iso sorprenden as críticas vertidas agora sobre esta administración, que busca a mellora continua do servizos e das condicións laborais dos seus traballadores.

De cara a reforzar o carácter estrutural do operativo, o próximo exercicio ampliarase o cadro de fixos descontinuos nunhas 600 persoas máis para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Spdif) na época de alto risco, o que suporán unhas 120 brigadas integradas por persoal da consellería sobre o territorio. Estas brigadas tamén estarán contratadas por cinco meses o próximo ano e por seis no 2020, polo que se multiplicarán o número de empregados públicos que traballarán no Spdif, co ampliación de gasto en persoal que iso suporá para esta consellería cada ano.

Novidades

Esta non foi a única novidade aplicada nesta temporada. No verán de 2018, cubríronse o 100% das prazas vacantes. Esta decisión supuxo a contratación de 137 persoas, o maior número de vacantes cubertas nas últimas campañas.

Ademais, a nivel técnico púxose en marcha a rede de videovixilancia forestal e contratouse un novo helicóptero de coordinación con cámaras que transmiten imaxes e vídeo en tempo real xeorreferencias. Continuouse tamén coa renovación de vehículos de extinción con 11 novos vehículos motobomba no presente exercicio. Dende o ano 2009, lévanse renovado un total de 55 motobombas para os distritos forestais e 42 para os concellos de Galicia.

Melloras laborais

Respecto ás melloras laborais, cómpre destacar o acordo acadado cos axentes medioambientais e forestais que terán importantes repercusións económicas para este departamento, así como a continua renovación do seu material de traballo, tales como os equipos de protección individuais.

Destacado é ademais o esforzo por renovar o parque móbil do servizo, así como incorporar as últimas tecnoloxías que permitan desenvolver un traballo máis eficaz: móbiles, tablets e cámaras.

31 de outubro de 2018 | 16:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.