publicidade hoxe

Marta Míguez destaca a importancia da colaboración institucional no acondicionamento do campo de fútbol de Boimorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoDeportesDeportes PortadaLocal Portada
A-
A+
Marta Míguez na visita ao campo de fútbol

Marta Míguez na visita ao campo de fútbol

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe o concello coruñés de Boimorto onde supervisou o estado final das obras realizadas pola Xunta de Galicia no campo de fútbol municipal que supuxeron un investimento de 32.972,76 euros, 30.000 deles -o 91%- achegados polo propio Goberno autonómico e os restantes 2.972,76, achegados pola administración local.

A actuación levada a cabo no campo de fútbol consistiu na mellora da drenaxe existente xa que ao ser un campo de herba natural na época estival enchárcase e deteriórase complicando a práctica do fútbol. Para o correcto funcionamento da drenaxe actuouse sobre a superficie do céspede do campo de tal modo que se procederá a levar a cabo os necesarios labores de corte de céspede semanal con abonado e tratamento e o pinchado da superficie. Ademais, debido ao baixo nivel de iluminación que provoca a imposibilidade de usar o campo en horas de pouca visibilidade, realizouse a reparación da instalación de iluminación no campo de fútbol coa inclusión de novas lámpadas.

A secretaria xeral salientou esta actuación como un proxecto que ten o obxectivo de fomentar o deporte a nivel local e destacou a importancia da colaboración institucional entre administracións para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. De cara ao novo exercicio orzamentario de 2019, a secretaria xeral avanzou que a Secretaría Xeral para o Deporte volverá a priorizar a construción e mellora das instalacións deportivas de Galicia, tanto propias como as de titularidade municipal, para continuar optimizando a rede de infraestruturas deportivas de Galicia.

18 de outubro de 2018 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.