publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal en Chandrexa de Queixa, parroquia de Rabal

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Rabal.

O lume comezou onte ás 22,30 horas e quedou finalmente extinguido ás 13,34 h. deste mediodía. Segundo as últimas estimacións afectou 16,2 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 3 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

10 de outubro de 2018 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.