publicidade hoxe

Alfonso Rueda e Susana López Abella asisten ao VII Congreso do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda na inauguración do Congreso do Observatorio

Alfonso Rueda na inauguración do Congreso do Observatorio

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda reiterou hoxe a importancia da coordinación e cooperación entre todas as Administracións para erradicar a lacra da violencia de xénero, e indicou que hoxe en día é unha cuestión central das políticas de todas as Administracións públicas e xunto ao conxunto da cidadanía avanzaremos para acadar a Igualdade real entre homes e mulleres e coa violencia de xénero.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella asistiron esta maña no Senado ao VII Congreso do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, onde o vicepresidente da Xunta participou na inauguración do Congreso xunto ao presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes; a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo e os ministros de Xustiza e Interior, Dolores Delgado e Fernando Grande-Marlaska, respectivamente, e outras autoridades.

Alfonso Rueda na súa intervención apelou ao esforzo conxunto e coordinado de todos e todas para eliminar completamente a violencia de xénero, e indicou que é unha tarefa que require unha actuación unitaria de todas as forzas políticas, xudiciais e da cidadanía, polo que reiterou a necesidade de seguir traballando na senda da máxima coordinación, colaboración e cooperación entre todos e todas e seguir concienciando á sociedade da necesidade de rematar con esta lacra para entre todos erradicar completamente a violencia de xénero.

Nos últimos anos tense producido notables avances neste eido pero, tal e como indicou o vicepresidente da Xunta, hai que seguir traballando e acabar con calquera forma de violencia exercida contra a muller coa posta de leis e medidas para combatela. Entre estas medidas xa postas en marcha, e que situou a España nun país pioneiro na loita contra esta lacra, están a entrada en funcionamento dos Xulgados especializados en Violencia sobre a Muller, a aprobación da Lei orgánica de medidas de protección integral contra a Violencia de Xénero e o recentemente aprobado Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que supuxo un gran avance na unión de institucións, organizacións e expertos na formulación de medidas para a erradicación da Violencia de Xénero.

18 de outubro de 2018 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.