publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta supervisa as obras de reforzo de firme na estrada OU-636, ao seu paso pola Pobra de Trives, Larouco e Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesLaroucoLocal PortadaLugoOurenseQuiroga
A-
A+

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse hoxe ata A Pobra de Trives para supervisar o estado das obras de reforma de firme que se están a executar na estrada OU-636, ao seu paso polos concellos da Pobra de Trives, Larouco e Quiroga. O departamento autonómico dirixido por Ethel Vázquez, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) , destina un investimento de máis de 700.000 euros a esta actuación.

Segundo puido comprobar a representante autonómica os traballos, executados pola empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A., avanzan a bo ritmo polo que se prevé que estean rematados a finais do mes de novembro, se as condicións climatolóxicas permiten o seu normal desenvolvemento.

As obras nesta estrada autonómica, que se executan ao longo de case 20 km, consisten na reparación do firme nos tramos nos que a estrada presenta o desgaste derivado do tráfico que circula por esta vía, mediante o fresado e a reposición da capa de rodadura.

Díaz Mouteira explicou que a intervención na estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido, se está a levar a cabo cun dobre obxectivo. Por un lado búscase conservar ou mellorar as características funcionais da estrada como son a seguridade viaria e a comodidade, ao mesmo tempo que se quere protexer o conxunto do firme aumentando a súa durabilidade, uniformidade, aspecto, etc,

Segundo indicou a delegada territorial esta actuación é un claro exemplo do esforzo da Xunta por manter a rede de estradas autonómicas nas mellores condicións e que está a desenvolver a través do Plan de reforzos de firme, co fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

25 de outubro de 2018 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.