publicidade hoxe

A Xunta incide en seguir traballando na prevención e na loita contra o acoso sexual no entorno laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu na importancia de seguir traballando na prevención e na loita contra o acoso sexual no entorno laboral, xa que como indicou supón a vulneración de dereitos fundamentais, como o dereito á liberdade sexual, á dignidade, á intimidade e á non discriminación por razón de sexo e á saúde e a seguridade no traballo.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración da “Xornada de formación sobre Igualdade e contra o acoso laboral” organizado por Agaxen, onde lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en poñer en marcha unha campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual nos lugares de traballo dirixida aos colexios profesionais.

A titular de Igualdade explicou que o acoso sexual no ámbito laboral debe ser entendido como unha manifestación máis de discriminación, por canto que contribúe a un mantemento da desigualdade no mercado de traballo. Por iso é polo que cada vez xera maior a conciencia e a sensibilización de traballadores, traballadoras, empresas, institucións, axentes sociais e cidadanía no seu conxunto respecto a a prevención e erradicación deste tipo de condutas no traballo e ao logro dunhas condicións laborais que respecten e garantan a dignidade das persoas.

Finalmente, López Abella indicou que a prevención do acoso sexual atópase entre as medidas incluídas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que amplía o concepto de Violencia de Xénero a outras formas de violencia contra as mulleres, entre as que inclúe ámbitos distintos da parella ou ex parella, como é o caso do ámbito laboral de acoso por razón de sexo e acoso sexual.

26 de outubro de 2018 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.