publicidade hoxe

A Xunta destaca a aposta das empresas pola transformación dixital como clave para aumentar a competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+
Juan Cividanes na presentación do encontro empresarial

Juan Cividanes na presentación do encontro empresarial

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Vigo na presentación do encontro empresarial O papel humano na Industria 4.0, onde salientou que a aposta continuada das empresas pola adaptación das competencias dos equipos humanos ás novas transformacións tecnolóxicas industriais é clave para reforzar o seu crecemento e competitividade.

A xornada, á que lle segue mañá outra na Coruña coa mesma temática, forma parte da iniciativa formativa Industria 4.0: chave para a mellora da competitividade de Galicia, posta en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financiero de Galicia.

No encontro, Cividanes puxo de manifesto, ademais, o compromiso da Xunta no apoio á dixitalización e á innovación tecnolóxica das empresas galegas a través do programa Capacita Directivos, impulsado tamén en colaboración con APD e o Círculo Financiero de Galicia, que achega aos cadros directivos das compañías as novas tendencias e solucións no ámbito da Industria 4.0.

O director do Igape destacou que, ao abeiro do Capacita Directivos, desde 2015 téñense realizado 40 actividades formativas nas que participaron 5764 asistentes, aos que se sumarán os 750 previstos nas accións que se están a realizar en 2018, co obxectivo de desenvolver novas competencias nas persoas e nas empresas mediante a formación en eidos como estratexia, xestión e tecnoloxías vinculadas as oportunidades que achega a Industria 4.0.

Esta iniciativa forma parte do plan Capacita, que, dotado con 10,8 millóns de euros, esta deseñado para avanzar na consolidación de empresas excelentes e altamente profesionalizadas de forma que se xere maior riqueza, emprego e cohesión social en Galicia.

30 de outubro de 2018 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.