publicidade hoxe

A Xunta colabora co Concello de Paradela na adquisición dun vehículo ‘pick-up’ dedicado ao coidado de espazos naturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoParadela
A-
A+

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Paradela para reforzar o equipamento empregado nas tarefas de protección do medio ambiente e coidado dos espazos naturais. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse hoxe ao municipio para coñecer o resultado desa cooperación, a través da que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destina 32.000 euros á entidade local para adquirir un vehículo tipo pick-up.

Balseiro explicou que esta subvención supón un 80% do custo da adquisición e será financiada pola Vicepresidencia con cargo á liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.

Este vehículo será empregado polos traballadores municipais nas labores de mellora e conservación de paseos, áreas recreativas, contornos naturais coma o Espazo Natural de Interese Local Loio-Ruxidoira e rutas de sendeirismo como a do Loio.

Balseiro salientou que a Administración autonómica contribúe deste xeito a impulsar un servizo municipal “cunha función tan importante como é a recuperación e conservación de zonas con valores ambientais”.

4 de outubro de 2018 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.