publicidade hoxe

A mobilidade eléctrica e o uso do gas natural no transporte permitirá aforrar 162 millóns de euros en Galicia ata 2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembrou hoxe na chegada da primeira etapa da II Volta a España en vehículo eléctrico que, a través das Directrices Enerxéticas de Galicia, búscase afondar no transporte limpo, potenciando a implantación do vehículo eléctrico e introducindo o gas natural como combustible para o transporte marítimo ou pesado. Isto permitirá, lograr un aforro económico de 162 millóns de euros ata 2020 e reducir en case 400.000 toneladas a emisión de gases contaminantes.

Francisco Conde salientou a iniciativa que hoxe se desenvolve en Santiago de Compostela, apuntando que esta demostra que este tipo de mobilidade é xa unha alternativa real para moitos consumidores. Así, as matriculacións de vehículos eléctricos en Galicia creceron máis do dobre que non mesmo período de 2017, e tamén as de vehículos híbridos, que supoñen 31,8% máis que o pasado ano. En total, no que vai de 2018, Galicia conta con 2000 vehículos matriculados entre eléctricos e híbridos.

Neste sentido, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria felicitou a Endesa por organizar un evento que trata de dar visibilidade ás vantaxes da mobilidade eléctrica, o que, segundo apuntou Conde, deixa constancia do seu compromiso coa sustentabilidade, a innovación, o medioambiente e o cambio climático.

Estes mesmos compromisos, tal e como lembrou o conselleiro, están recollidos nas Directrices Enerxéticas de Galicia, que contan cun orzamento público-privado de máis de 3000 millóns de euros ata 2020 para impulsar a transición enerxética en Galicia de forma progresiva e sustentable, apostando polas enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a mobilidade eléctrica.

18 de outubro de 2018 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.