publicidade hoxe

A EGAP acolle unha xornada de debate ao redor da figura da corresponsabilidade parental

A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos inaugurou esta mañá a “Xornada de corresponsabilidade parental no cese da convivencia de parella”, xunto ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas e o vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, Abel Lamas.

Durante a inauguración a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos indicou o innegable impacto social da materia, xa que a corresponsabilidade parental se configura como esencial en caso de ruptura da parella para conseguir, por unha banda, traballar a favor de que ambos os proxenitores teñan a oportunidade de participar de forma responsable do proceso de crianza e, por outra, atopar sempre a solución máis conveniente para o benestar dos menores.

A Xornada reúne a dezaseis expertos na materia procedentes dos ámbitos do dereito, a educación e a psicoloxía que, ao redor de catro mesas redondas, analizaron as repercusións xurídicas e psicoemocionais dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos menores.

23 de outubro de 2018 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.