publicidade hoxe

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereitaPorto do Son
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un lume no concello coruñés de Porto do Son.

O lume tivo lugar o pasado 31 de agosto en San Pedro de Baroña no concello de Porto do Son deu comezo nunha cociña de gas. Afectou a unha superficie de 0,04 hectáreas de arborado. Para a extinción do mesmo foi necesaria a actuación do servizo antiincendios da Xunta de Galicia.

O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución un funcións de Garda de Noia (A Coruña). No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 38 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

6 de setembro de 2018 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.