publicidade hoxe

Ovidio Rodeiro visita o IES Rosalía de Castro no inicio do curso 2018/2019 de ESO e bacharelato

Ovidio Rodeiro na visita ao IES Rosalía de Castro

Ovidio Rodeiro na visita ao IES Rosalía de Castro

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o IES Rosalía de Castro con galo do inicio do curso 2018/2019 de Secundaria y FP. Na visita estivo acompañado polos responsables educativos do centro.

Segundo apuntou Ovidio Rodeiro na comarca de Santiago iniciarán o curso 12.329nenos e nenas (8.903 en ESO e 3.426 en Bacharelato). Na cidade de Santiago inician as clases 6291 (4.152 en ESO e 2.139 en Bacharelato)

O delegado territorial quixo aproveitar a visita para dar conta das obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previstas para Santiago de Compostela Concretamente, realizaranse actuacións en 29 centros educativos. Na área de Santiago destacan a obra de ampliación do CEIP Lamas de Abade cun investimento de 900.000 euros, a obra de rehabilitación de eficiencia enerxética do CPI Fonte Díaz cun investimento de 619.000 euros, a adecuación do polideportivo de talleres do CIFP do Politécnico de Santiago cun investimento de 500.000 euros e a ampliación do comedor de Fontiñas cun custe de 214.000 euros.

Ovidio Rodeiro informou que a Xunta ten previsto investir en obras nos centros educativos da comarca máis de 3,4 millóns.

Na cidade de Santiago realizaranse obras en 9 centros educativos cun investimento de máis de 1,3 millóns.

O representante do goberno autonómico destacou que dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se está facendo un importante esforzo económico e humano para das respostas as necesidades educativas da comarca e de toda Galicia. “Son moitas as necesidades e os recursos limitados pero o noso obxectivo é seguir reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”, puntualizou.

Ovidio Rodeiro se referiu tamén ao importante esforzo que dende a Xunta de Galicia se está facendo para a incorporación de centros ao Libro Dixital. Un total de 9 novos centros se incorporarán na área de Santiago ao proxecto de educación dixital E-Dixgal polo que recibirán unha ensinanza completamente en dixital.

Cómpre lembrar, ademais, que o E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. Non en balde, todos os centros E-Dixgal contan cun Plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado. Ademais, ditos plans incorporan tamén unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.

17 de setembro de 2018 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.