publicidade hoxe

O Plan único da Deputación suma 2 millóns de euros de investimentos en Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Plan único da Deputación da Coruña financia 49.911,24 euros as obras de reposición das beirarrúas do lugar de Loxo e o acondicionamento de diversos camiños municipais en Mourelos de Abaixo, no Concello de Touro.

As obras, en fase de licitación ata mañá 11 de setembro na Plataforma de Contratación do Estado, representan só unha pequena parte dos 2 millóns de euros que o Plan único inviste nos exercicios 2017 e 2018 no municipio e que permitirán a execución de 16 obras destinadas a mellorar as infraestruturas municipais. Pavimentacións e melloras en camiños en Laña, Bama, Corneda, Vilanova, Oca de Arriba, Loureda, Bendaña, Subres e outros son algunhas das obras que contarán con financiamento provincial, así como a construción dunha senda peonil entre Abelenda e Loureiros.

No caso da obra de Loxo, os traballos consistirán na demolición das actuais beirarrúas e a reconstrución de 175 metros lineais na marxe esquerda e 135 m na marxe dereita, ambas de 1,60 metros de ancho, con bordo prefabricado e baldosa de formigón sobre superficie de pedregullo. As obras contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona, xa que as actuais beirarrúas atópanse nun estado deficiente.

O proxecto inclúe tamén a reparación e pavimentación de vías municipais no núcleo de Mourelos de Abaixo, aos que se dotará dunha nova capa de aglomerado en quente nunha superficie total de 1.108 metros cadrados.

10 de setembro de 2018 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.