publicidade hoxe

O conselleiro Almuiña recibe aos alumnos de Medicina lembrándolles a necesidade de adaptar a sanidade ao envellecemento da poboación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereita
A-
A+
O conselleiro de Sanidade na benvida aos alumnos de 6º de Medicina

O conselleiro de Sanidade na benvida aos alumnos de 6º de Medicina

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, deu a benvida, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, aos alumnos de 6º curso de Medicina. O CHUO, que en palabras de Almuiña aos estudiantes “será a vosa casa durante un ano”, é un hospital que permitiu unha reorganización do centro de referencia provincial, aglutinando a hospitalización nun edificio con instalacións máis modernas e servirá como punto de referencia en innovación sanitaria para o Sergas no deseño dos hospitais do futuro, tanto desde o punto tecnolóxico como asistencial.

Almuiña lembrou a necesidade de adaptar o sistema sanitario á nova realidade do envellecemento poboacional. No caso concreto de Ourense, dous de cada tres pacientes son maiores de 65 anos. Segundo manifestou o conselleiro, esa é a razón pola que a Comunidade Europea decidiu potenciar con apoio financeiro, proxectos de I+D neste centro dentro do Plan Hospital 2050 e Innovasaúde.

10 de setembro de 2018 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.