publicidade hoxe

Estabilizado o incendio forestal no concello de Lobios que afecta o parque natural do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa de que está estabilizado o lume rexistrado no concello de Lobios, parroquia de Manín, e que afecta o parque natural do Xurés.

O lume comezou onte á tarde ás 18,49 h. e quedou estabilizado esta madrugada ás 2,47 h. Segundo novas estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas. No lugar levan traballado 6 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Vilariño de Conso

Permanece estabilizado o lume rexistrado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afecta o parque natural do Invernadeiro. O incendio comezou o venres ás 16,42 h. e quedou estabilizado o sábado ás 20,45 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 2 técnicos, 25 axentes, 64 brigadas, 27 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

17 de setembro de 2018 | 09:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.