publicidade hoxe

Cores Tourís traslada un mensaxe de tranquilidade aos veciños de Caldas de Reis ante a presencia da microalga no encoro do Umia

Cores Tourís na reunión do comité de emerxencia

Cores Tourís na reunión do comité de emerxencia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co comité de emerxencia de Caldas de Reis constituído co gallo da presenza da microalga cianobacteria no río Umia e no encoro.

Na reunión o delegado territorial estivo acompañado do xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro, así como do xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González. Os tres transmitiron un mensaxe de tranquilidade para os membros do comité (formado por todos os partidos políticos desta localidade) así como para a cidadanía, xa que, segundo os controis periódicos realizados tanto no río Umia como no encoro, non hai nin houbo presenza da toxina.

Por parte do concello de Caldas, además do alcalde Juan Manuel Rey, tamén estiveron o portavoz do PP, Manuel Cortés, o portavoz socialista, Manuel González, o de ICDR, Fernando Pérez e o do BNG, Manuel Fariña.

“Non existe problema algún para o uso para o consumo da auga nos concellos de Caldas, Portas, Vilagarcía de Arousa e no resto de concellos da Mancomunidade do Salnés. O comité é consciente de eso, polo que lle rogamos que teñan moito coidado con alarmar a sociedade sen necesidade”, explicou Cores Tourís. “É importante explicalo ben”.

“No río Umia, Sanidade non detectou toxina microcistina, producida por algunhas cianobacterias, tamén coñecidas como microalgas verdes-azuladas”, matizou o deletado territorial, quen sí confirmou que existe esa alga no río e no encoro aínda que por debaixo dos niveis preventivos da OMS.

En relación ao baño no río Umia, o delegado territorial recordou que ata chegar á cifra de 20.000 células non é preciso avisar da prohibición para o baño, xa que esta dase cando se superan os 100.000. “Aínda así, recomendámoslle ao concello de Caldas que a puxera un cartel que recomendase non bañarse no río. O alcalde puxo un cartel dicindo que estaba prohibido o baño, cando non era necesario prohibilo; só era necesario non recomendar o baño, porque os niveis non chegaban ao que marca a lei sanitaria. Así llo dixen hoxe na reunión ao alcalde”.

Tamén cabe lembrar que son os concellos os responsables de garantir que a auga das billas estean en boas condicións. As potabilizadoras de todas as augas que se captan augas abaixo da presa son capaces de eliminar tanto a Microcystis como a toxina se a chegase a haber. “Augas executou fai uns anos unha mellora na captación de Segade (Caldas de Reis) que permite a captación de moita menos concentración e se melloraban considerablemente os problemas de saturación dos filtros da ETAP polas algas que facían mais complicada a explotación da mesma con paradas de limpeza de filtros máis frecuentes”, explicou Cores Tourís.

Limpeza do río

Durante a reunión, falouse especialmente dos traballos de limpeza do río. Cores Tourís recordou que xa nos últimos anos estivéronse levando a cabo traballos deste tipo, retirando troncos do río, plantando especies de ribeira que suxeitan a terra.

O delegado trasladoulle ao alcalde da localidade que non hai problema en volver a levar a cabo traballos de limpeza. Aínda así, recordoulle ao alcalde de Caldas que Augas de Galicia xa lle dixo ao concello que ten que actuar no tramo urbano do río. Neste senso, Cores Tourís explicou que a Xunta está disposta a chegar a acordos de colaboración con este fin, pero sempre acorde aos informes técnicos e sempre aplicando métodos manuais.

Mañá haberá outra reunión na Delegación Territorial da Xunta cos concellos de Cuntis e Moraña para analizar a situación. Ademais, José Manuel Cores Tourís tamén confirmou que haberá unha reunión proximamente entre Augas de Galicia e o comité de emerxencia de Caldas de Reis para ir avanzando nas solucións á presenza desta alga.

10 de setembro de 2018 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.