publicidade hoxe

Cores Tourís informa aos concellos de Cuntis e Moraña sobre a reunión mantida co comité de emerxencia constituído en Caldas pola microalga no encoro do Umia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisLocal PortadaMorañaPontevedra
A-
A+
Reunión sobre a microalga no encoro do Umia

Reunión sobre a microalga no encoro do Umia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos alcaldes de Cuntis e Moraña co gallo de informarlles sobre a reunión mantida onte co comité de emerxencia constituido en Caldas de Reis pola microalga cianobacteria no río Umia e no encoro.

Na reunión o delegado territorial estivo acompañado do xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro, así como do xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González. Os tres transmitiron un mensaxe de tranquilidade para os alcaldes de ambos municipios, Luisa Piñeiro e Manuel Campos, xa que, tal e como se lle comunicou onte aos representantes políticos de Caldas, segundo os controis periódicos realizados tanto no río Umia como no encoro, nunha houbo presenza de toxina.

“É importante explicalo ben: no río Umia, Sanidade non detectou toxina microcistina, producida por algunhas cianobacterias, tamén coñecidas como microalgas verdes-azuladas”, matizou o delegado territorial, quen sí confirmou que existe esa alga no río e no encoro aínda que por debaixo dos niveis preventivos da OMS. “De feito, non existe problema algún para o uso para o consumo da auga nos concellos de Caldas, Portas, Vilagarcía de Arousa e no resto de concellos da Mancomunidade do Salnés”, engadiu.

Pola súa banda, ambos rexedores transmitíronlle ao delegado territorial que hoxe a situación do encoro visualmente “era moito mellor”.

Durante a reunión, os alcaldes de Moraña e Cuntis transmitíronlle ao delegado territorial o interese de ambos municipios en que se leven a cabo, por parte de Augas de Galicia, de traballos de limpeza do río nas zonas expropiadas para a execución do embalse, en especial, retirada de maleza e de arborado.

Ademais, Cores Tourís informoulles tamén de que os técnicos de Auga de Galicia analizarán nas próximas semanas a necesidade de acometer algunha mellora na EDAR de Cuntis para minimizar a presenza desta microalga, en especial, a posibilidade de executar un pozo de decantación de cara ao inverno para frear a mestura das augas pluviais e residuais.

11 de setembro de 2018 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.