publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Augas de Galicia inicia a consulta pública da avaliación preliminar das zonas con risco de inundación da bacía Hidrográfica Galicia-Costa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Publica (DOG) publica hoxe a resolución (do 6 de setembro) pola que se anuncia a apertura do período de consulta pública do documento de avaliación preliminar de risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

O proxecto que hoxe inicia a consulta pública consiste nun documento explicativo da metodoloxía empregada na actualización e revisión das áreas de risco potencial significativo de asolagamento (ARPSI) tanto fluviais coma costeiras da demarcación Galicia-Costa e unha serie de información xeográfica que se poderá visualizar -ou descargar- a través do visor xeográfico da infraestrutura de datos espaciais da demarcación hidrográfica.

Na Comunidade galega está vixente o Plan de Xestión de Riscos de Inundacións (PXRI) 2015-2021, pero dado o carácter dinámico e cíclico desta planificación, Augas de Galicia optou por iniciar a revisión e actualización dos documentos; sobre todo tendo en conta, que o Real Decreto polo que se aproba o Plan de xestión de risco de inundación dispón que este deberá ser revisado e actualizado a máis tardar o 22 de decembro de 2021 e, a continuación, cada seis anos.

Así, o documento que se somete agora a consulta pública -por un período de tres meses- correspóndese coa primeira fase do ciclo 2021-2027, na que se procede a actualizar e revisar os contidos da avaliación preliminar do risco de inundación co obxecto de determinar aquelas novas zonas do territorio nas que se chegase á conclusión de que existe un risco potencial de inundación significativo ou nas que a materialización dese risco pode considerarse probable.

Unha das novidades dos traballos que se inician é o feito de ter en conta o factor do cambio climático, que nesta nova fase daráselle máis relevancia e entra a valorarse como un criterio importante na determinación do risco.

Realizarase unha revisión de todos os eventos rexistrados entre os anos 2011 e 2017, empregando as distintas fontes de información como, informes de Protección Civil, os datos do Consorcio de Compensación de Seguros, as incidencias notificadas a Augas de Galicia… Tamén se valorarán os cambios importantes nas características das concas ou nos usos do solo; así, unha das novidades é a incorporación da compoñente pluvial, é dicir, analizarase a influencia das inundacións pluviais importantes nalgunhas zonas.

14 de setembro de 2018 | 12:57 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario