publicidade hoxe

Ángeles Vázquez: “As plantacións de oliveiras autóctonas poden ser unha alternativa importante para a economía e a biodiversidade do medio rural galego”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaVedra
A-
A+
Ángeles Vázquez na presentación en Vedra

Ángeles Vázquez na presentación en Vedra

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá en Vedra a presentación de Aceite Galeo, da empresa Olivar de Moura, onde destacou que “as plantacións de oliveiras con variedades autóctonas poden ser unha alternativa importante para a economía e a biodiversidade do medio rural galego”.

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo alcalde deste municipio coruñés, Carlos Martínez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, sinalou que este sector ten moito futuro na nosa comunidade xa que Galicia conta cunhas características climatolóxicas apropiadas para este tipo de cultivos, máis aló das comarcas de Quiroga e Valdeorras, onde este tipo de explotacións están máis asentadas. Así, a conselleira felicitou o traballo desta empresa por tratar de recuperar a tradición aceiteira e ofrecer un produto cen por cento galego.

Precisamente para fomentar a calidade e a competitividade do sector oleícola en Galicia, tanto no tocante á produción de aceite de oliva como no de olivas de mesa, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez asinou o pasado mes un convenio coa Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA). O obxectivo é asegurar e determinar a orixe, destino e características das materias primas e os produtos oleícolas. Na nosa comunidade hai preto de 40 explotacións que se dedican a este cultivo.

Olivar de Moura
A empresa Olivar de Moura SL é o maior operador do sector oleícola cen por cento galego. Constituíuse no ano 2017 co obxecto de dedicarse á compra de aceituna e elaboración de aceite de oliva, producindo uns 6.000 litros de aceite de oliva galega e 60.000 litros de aceite cobransosa, de Mirandela (Portugal).

Esta factoría construíu unhas modernas instalacións no municipio ourensán de Verín para poder almacenar o aceite en grandes tanques inertizados, co fin de conservar todas as súas calidades. Teñen unha tenda online e envasan o produto baixo demanda para evitar que o aceite se deteriore antes da súa posta á venda.

3 de setembro de 2018 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.