publicidade hoxe

A Xunta realiza unha xornada de formación en violencia de xénero destinada a máis de 130 profesionais dos CIM galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Susana López Abella na inauguración da xornada de formación

Susana López Abella na inauguración da xornada de formación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella inaugurou esta maña a Xornada de formación para o persoal dos Centros de Información ás Mulleres -CIM- “Violencia de Xénero: enfoque actualizado en materia de menores. Estatuto da Vítima do Delito e Orde de Protección Europea. Avances no Pacto de Estado”, á que asisten mais de 130 profesionais dos CIM galegos.

A xornada está centrada na aplicación da Lei Orgánica 1/2004. de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero. Avances normativos e xurisprudenciais, achegas teórico- prácticas relacionadas coa aplicación do Estatuto da vítima do delito, Lei 14 / 2015, en vigor para España dende 28 de outubro do 2015; a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, actualizada en 2015, e interpretación dos seus principios en materia de violencia de xénero. Visión integral relacionada coa Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos do menor de 1989; o convenio de Istambul en vigor en España desde 2014, sobre tratamento integral muller e menores no ámbito de violencia de xénero. Aspectos relevantes de aplicación relacionados co ordenamento interno.

Ademais trataranse os problemas sobre sustración de menores, en especial Convenio da Haia 25/10/1980, e Regulamento Europeo 2201/2003, relativo á competencia, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia matrimonial e de responsabilidade parental. Aplicación práctica; requisitos acerca da orden europea de detención así como orden de protección europea en caso de denuncias entre países comunitarios; e os efectos e alcance da Disposición final segunda do Real Decreto Lei 9/2018 de 3 de agosto de Medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que modifica o artigo 156 do Código Civil.

17 de setembro de 2018 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.