publicidade hoxe

A Xunta fai entrega dos diplomas do curso do Programa Neneiras que ten como obxectivo aumentar a integración social e laboral das mulleres do rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia
A-
A+

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella entregou hoxe os diplomas dos cursos do Programa Neneiras, levados a cabo pola ONG Mestura que segundo indicou a titular de Igualdade é un programa integral destinado a mulleres que viven no rural prestando unha atención personalizada e especializada co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral de modo integral.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que o obxectivo do programa Neneiras é aumentar a integración social e laboral das mulleres do rural en situación de vulnerabilidade a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando a discriminación múltiple.

Así, este ano o Programa chegou ás mulleres de poboacións rurais en especial situación de vulnerabilidade do Concello de Frades e parroquias do concello de Culleredo. Dando continuación ao rural galego e visibilizando á muller que exerce un papel fundamental no seu fogar, xa que o rol das mulleres rurais é a figura de referencia en canto coidados dos/as fillos/as, ademais, do coidado das persoas maiores ou dependentes, soportando de esta maneira unha dobre responsabilidade.

Este colectivo sofre unha vulnerabilidade tripla por ser muller, nai e do rural. A responsabilidade que asumen mingua o tempo que poden dedicarlle á súa formación ou procura de emprego e, no seu caso, o seu lecer. Polo que é de especial importancia a introdución de ferramentas e contidos tecnolóxicos nestes núcleos a través da participación activa das mulleres permitirá o aproveitamento, por un lado, de accións exteriores aplicadas nas propias experiencias e, por outro, o coñecemento da propia tecnoloxía.

Dende o ano 2010, dende o inicio do Programa Neneiras da ONG Mestura, a Secretaría Xeral da Igualdade subvencionou este Programa a través da orde de entidades de iniciativa social que anualmente convoca Igualdade. Este ano a subvención concedida á ONG Mestura este ano 2018 foi de 36.000 euros.

18 de setembro de 2018 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.