publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca a importancia da cooperación cos concellos para acometer obras que melloren a calidade de vida da cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da cooperación cos concellos para acometer obras que melloren a calidade de vida dos veciños. Fíxoo durante unha visita a Redondela na que estivo acompañado polo alcalde, Javier Bas, e o delegado territorial do Goberno autonómico, Ignacio López-Chaves.

Rueda visitou algunha das actuacións que se están levando a cabo con fondos da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Así, puido comprobar a reforma do parque infantil do Salgueiral ou a inminente renovación do pavimento da alameda. No caso da alameda, o firme quedou danado tralas obras de substitución dos bordos dos xardíns. De feito, o deterioro causado pola maquinaria fai impracticable o acceso ao lugar, especialmente aos nenos e á xente maior.

En total, este ano Redondela recibe 145.000 euros da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, unha cantidade que ascende a case 750.000 euros se se suman os fondos da última década realizados a través do Fondo de Compensación Ambiental, a Orde de Infraestruturas ou as colaboracións directas, como sucede no caso da alameda. Tamén se ten actuado, por exemplo, na posta e marcha ou mantemento de sendas e camiños ou en proxectos de eficiencia enerxética.

A colaboración cos concellos é unha aposta decidida da Xunta de Galicia. Así, só entre as ordes de Infraestruturas e o Fondo de Compensación Ambiental supéranse anualmente os 13 millóns de euros en investimentos nos municipios de toda Galicia.

18 de setembro de 2018 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.