publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta comparte co sector público e privado do Salnés a súa aposta turística e o seu traballo en calidade alimentaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal PortadaPontevedraPortada esquerda
A-
A+
Nava Castro na reunión

Nava Castro na reunión

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participaron hoxe nunha reunión de traballo con representantes do sector público e privado da comarca do Salnés. O encontro serviu para compartir co sector o modelo turístico galego que, da man da Estratexia de turismo de Galicia 2020, está a traballar por consolidar a Comunidade como un destino de calidade, responsable e diversificado desenvolvendo iniciativas como o Plan de enogastronomía ou o Plan do turismo rural, que se atopan en fase de deseño para fixar as liñas futuras destes mercados en alza.

Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, explicou as novas liñas de traballo deste organismo nos eidos agrario, gandeiro, forestal e vinícola. Destacou tamén o papel da axencia para incrementar a competitividade dos sectores primarios a través do impulso da investigación, innovación e fomento da calidade diferenciada, co fin de asegurar a rastrexabilidade dos produtos e conseguir que as explotacións agrogandeiras galegas sexan máis sustentables.

11 de setembro de 2018 | 16:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.