publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta achega 40.000 euros ao concello de Chandrexa de Queixa para a rehabilitación da antiga escola de Rabal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChandrexa de QueixaLocal PortadaOurense
A-
A+
Marisol Díaz na visita a Chandrexa de Queixa

Marisol Díaz na visita a Chandrexa de Queixa

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández- Tapias acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta maña unha das actuacións levadas a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia.

Marta Fernández- Tapias indicou que grazas á a Orde de Infraestruturas rehabilitouse a antiga escola da parroquia de Rabal para velorio, tal e como solicitou o concello, dando así un servizo fundamental e básico aos pequenos núcleos rurais. A rehabilitación da antiga escola contou cunha axuda de preto de 40.000 euros.

A través destas axudas, a Xunta apoia aos concellos galegos para financiar estruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se prestan servizos administrativos, entre outras actuacións. Tamén se poden subvencionar actuacións de mellora do alumeado público e pavimentación de vías municipais.

A Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, co obxectivo de que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia.

18 de setembro de 2018 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.