publicidade hoxe

A Xunta abre o prazo para participar no programa de educación non formal con estadías no rural Xuventur

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Política Social e a Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha nova edición de Xuventur, un programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, do que se poderán beneficiar 558 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Entre os obxectivos do programa atópase mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal, facilitar que a xuventude galega coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de Galicia e promover a educación ambiental e o ocio saudable.

O programa é gratuíto e inclúe aloxamento en establecementos rurais, manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo e programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento.

Durante as fins de semana do mes de outubro levaranse a cabo oito programas diferentes. Na Mariña Lucense sobre ecoturismo; nas Fragas do Eume se realizará un achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento; en Valdoviño terán lugar actividades de acercamento á intelixencia emocional; en Seoane do Courel actividades de inmersión no medio rural e natural a través da creatividade; na Costa da Morte desenvolveranse actividades de ecoturismo; na aldea de Covelo (Baixo Miño) levaranse a cabo actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural; Limia acollerá actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés; e Os Ancares acollerán actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías.

As persoas interesadas teñen toda a información na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e poden inscribirse neste enlace.

 

14 de setembro de 2018 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.