publicidade hoxe

A Policía Autonómica realiza 105 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 3 e o 9 de setembro un total de 105 inspeccións de control en 10 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela nesta pasada semana realizáronse 32 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Tordoia, Trazo, Chantada, Lugo, O Bolo, Ourense, Cambados e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 46 persoas e inspeccionadas 105 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 2 actas de infracción, unha por infracción na venda de alcol e outra na venda de tabaco.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

10 de setembro de 2018 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.