publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica investiga a catro persoas por un delito de furtivismo en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLaxeLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes do grupo Erpol da Policía Autonómica investigan a catro persoas por un presunto delito de furtivismo. Os axentes comisaron no porto de Laxe (A Coruña) 47 quilos de centola, a cal se encontraba ovada e capturada ilicitamente.

A raíz dunha acta de Infracción levantada por Axentes de Gardacostas de Galicia o pasado mes de abril na que consideraban que puidera existir un feito constitutivo de Ilícito Penal, os axentes da Policía Autonómica deron comezo unha investigación na que tamén colabora a Subdirección Xeral de Gardacostas, que se prolongou dende finais do mes de abril ata o remate da primeira semana do mes de setembro.

Froito das investigacións levadas detectouse a unha persoa que prevalecéndose da condición de compradora autorizada na Lonxa de Laxe, e ca connivencia de pescadores que descargaban as captura obtidas no devandito porto, aproveitaban as ventas realizadas legalmente no pósito para introducir no mercado centolas ovadas, as cales non poden ser capturadas.

As dilixencia foron tramitadas e deuse traslado aos xulgados de Carballo (A Coruña).

18 de setembro de 2018 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.