publicidade hoxe

A Deputación da Coruña aproba este venres as obras de humanización do adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle, na Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O pleno da Deputación da Coruña aprobará mañá venres un convenio co Concello de A Baña para o financiamento das obras de mellora e humanización do adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle. O custo total da obra ascende 76.848 euros, dos que a Deputación financiará o 71% (57.000 euros).

Os traballos pretenden, en primeiro lugar, solventar os problemas de acumulación de auga e encharcamento que se producen habitualmente na explanada que rodea a igrexa e a casa reitoral, un lugar usado como zona de esparcemento e celebración de actividades lúdico-recreativas da veciñanza.

Para elo, dotarase á zona dunha capa filtrante de grava sobre a que instalará terra vexetal e céspede. Asimesmo, construiranse unha serie de ramais de drenaxe soterrrados que permitirán recoller a auga e canalizala ata un pozo existente nas marxes da calzada que linda co adro.

A zona dotarase tamén de nova pavimentación de acceso tanto peonil coma para vehículos, ambas a base de lousas granito silvestre con acabado abuxardado e xuntas verdes para lograr unha integración acorde ao entorno. Os tramos peonís darán acceso tanto á igrexa como á zona do cruceiro.

Finalmente, dotarase ao adro dunha bancada que permita a reunión e descanso dos veciños na zona. A bancada instalarase no muro que delitimita a finca e será cunha estrutura de aceiro negro liso con esmalte metálico sobre a que se instalarán unha serie de listóns de madeira, permitindo tamén unha axeitada integración no entorno.

13 de setembro de 2018 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.