publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Academia Galega de Seguridade realizará este semestre máis de 200 actividades de formación para os profesionais das emerxencias e para os Corpos e Forzas de Seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor presentou esta mañá na sede da Academia Galega de Seguridade Pública a programación para estes segundo semestre da Academia onde indicou que se levarán a cabo máis de 200 actividades formativas con máis de 4.000 prazas ofertadas dirixidas á Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Nacional e emerxencias.

O director explicou as principais accións que está a realizar a Agasp neste momento, incidindo no novo horizonte formativo iniciado en 2015 mediante o convenio co Ministerio do Interior para a formación da Garda Civil e da Policía Nacional , a impartición do ciclo de FP de Técnico de Emerxencias e Protección Civil, así como a recuperación da formación de xuíces e maxistrados e a recente sinatura do convenio co Ministerio de Xustiza para a formación de Fiscais, Letrados, Avogados do Estado e médicos forenses.

Especialmente incidiu na consolidación do referido no novo horizonte da Agasp mediante a aprobación do Decreto 115/2017 para realizar na Agasp as oposicións da Policía Local e Auxiliares de Policía Local de Galicia. Luis Menor explicou o estado dos primeiros procesos unitarios celebrados na Agasp para auxiliares de Policía Local e da Policía Local. Neste senso, explicou que o 40% dos concellos galegos delegaron na Academia a realización das probas de acceso. A Agasp convocou preto de 150 prazas e presentáronse mais de 800 aspirantes. Ademais creouse unha lista de reserva para os concellos para enviar auxiliares de policía local cando os concellos os necesitan, existindo actualmente unha lista de mais de 200 auxiliares de policía local.

Entre as novidades destacan, a actuación krav maga como novidade de defensa para a policía local, actuación en situación de emerxencia en masas de agua para a Garda Civil relativa a actuación en inundacións e rescate de persoas. En Policía Nacional, secuestros, extorsións e incidentes con reféns. Na UPA, habilidades de comunicación nos centros escolares. No eido das Emerxencias, destacan, para a mellora dunha problemática cada día máis crecente, a busca e localización de persoas desaparecidas: metodoloxía, coordinación de recursos e novas tecnoloxías, e por outra banda, responsabilidade e procedemento na regulación de tráfico. Asemade antes de rematar o ano esperase ter unha programación para o novo ano para Fiscais, Letrados, Avogados do Estado e médicos forenses.

13 de setembro de 2018 | 16:29 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario