publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 316 persoas foron atendidas a causa do accidente ocorrido durante o “Marisquiño” de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPortada esquerdaSucesosVigo
A-
A+

Un total de 316 persoas foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais, a raíz do accidente ocurrido no concello de Vigo, dos que 255 o foron en centros hospitalarios. Do total de atendidos, permanecen ingresados, neste momento, nove, 5 no Hospital Álvaro Cunqueiro (2 deles na UCI) e 4 en Povisa.

Por centros, 144 pacientes foron atendidos no Hospital Álvaro Cunqueiro, 33 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 69 en Povisa, 23 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 5 en El Castro, 1 en Concheiro, 2 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

Os recursos mobilizados para atender aos feridos foron 5 UVI, 12 ambulancias de soporte vital básico, 24 ambulancias de apoio, 3 ambulancias de Cruz Vermella, 2 equipos sanitarios do PAC, 3 vehículos de apoio loxístico e 1 vehículo de Protección Civil. Sinalar, ademais, que no lugar do accidente, o 061 instalou un posto de mando médico, un punto de triaxe inicial e un posto de carga de ambulancias.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PAC e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.

13 de agosto de 2018 | 14:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.