publicidade hoxe

Seis persoas permanecen ingresadas tras o accidente no Marisquiño en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVigo
A-
A+

A Consellería de Sanidade informa que permanecen ingresadas seis persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño. Catro delas están no Hospital Álvaro Cunqueiro, unha en Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Ata actualidade, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais un total de 456 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente. Por centros, 213 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 68 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.

16 de agosto de 2018 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.