publicidade hoxe

O Sergas comeza os procedementos para solicitar un grao da carreira profesional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se inician os procedementos para solicitar un grao de carreira consonte o réxime transitorio e excepcional de encadramento, e para solicitar o grao inicial, en aplicación do Acordo de carreira profesional publicado no DOG do 30 de xullo.

O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña cumpre así o seu compromiso de convocar a carreira profesional no segundo semestre do ano. Con elo, máis de 22.000 profesionais poderán ver recoñecido un grao máis de carreira neste ano, que será abonado nun 60% en xaneiro de 2019.

A solicitude é electrónica, a través de FIDES (Oficina Virtual do Profesional), eliminando o formato papel, e os profesionais non teñen que acreditar documentalmente aqueles requisitos ou méritos que xa obren en poder da Administración (situación de activo, servizos prestados no Sergas ou formación impartida por ACIS).

O prazo de presentación de solicitudes é dende mañá e ata o 28 de setembro. O procedemento será resolto pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas tras proposta realizada polo correspondente comité/subcomité.

No texto tamén se regula o procedemento de solicitude do grao inicial, que poderá solicitarse en calquera momento. Este grao inicial poderá ser solicitado polo persoal propietario que non cumpra os requisitos do encadre, ademais de polo persoal interino e profesionais en promoción interna en praza vacante.

6 de agosto de 2018 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.